O Apalpador volve á LudoteGa!

ACGB

ludotega

O Apalpador volve á LudoteGa!

O Apalpador xa está preparando a súa equipaxe para visitar aos nenos e nenas á Ludotega. A visita está prevista para o domingo 18 de decembro a partir das 17:00 h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet, núm. 32, no barrio de Gràcia), local onde reside a Asemblea Cultural Galega de Barcelona. O Apalpador vén a Barcelona chegado directamente das montañas do Caurel, e haberá música, panxoliñas, manualidades e moitas sorpresas (non esquezades as pandeiretas e zambombas para tocar!).

Aviso: Para saber se ten que encher moito o saco, o Apalpador precisa saber cantos nenos virán a velo. Podedes inscribirvos enviando un correo a ludotega@gmail.com.

View original post

Leave a comment »

Axudamos a Leila no Quero Cantar?

No apartado de vídeos do “Quero Cantar” xa podedes escoitar “A árbole Tropical”, o tema da garotiña Leila, que se clasificou para o concurso. Leila estivo presente na LudoteGa Barcelona os primeiros anos da súa creación! Axúdamoslle? Haille que dar a Gústame para axudala a chegar á final!!! ♡

Leave a comment »

Vindeira Ludotega

O domingo 22 de maio imos celebrar ás Letras Galegas na nosa LudoteGa. Faremos o maio, cantaremos cantigas e a canción do Carro de Manuel María, teremos xogos tradicionais e a nosa sección das “Larpeiras” teatralizará poemas do poeta chairego. Esperamos que veñades todos e todas, desta vez quedamos ás 11:30h nos xardíns Mossèn Cinto Verdaguer de Montjuic, ao carón do Funicular de Montjuic (que enlaza coa estación de Paral·lel, L2 e L3) e tamén cos buses 55 e 150. Para rematar, xantar comunitario, no que cadaquén trae a súa comida. Non faltedes á nosa festa para celebrar a figura de Manuel María!!!ludotega

Leave a comment »

Vindeira Ludotega

Estamos a preparar a vindeira Lutotega, que será o 22 de maio coa temática “Letras Galegas. Manuel María” Estar atentos e atentas ao blog porque en breve colgaremos máis información.

 

Leave a comment »

Benvida á primavera con xogos tradicionais!!

ACGB

16_03 Cartaz xogos tradicionais

O vindeiro domingo 3 de abril imos ter unha LudoteGa adicada aos xogos tradicionais, así que pasarémolo moi ben. Nen@s, e non tan nen@s.

Xogaremos ó pano, á pita cega, a pasa-perico e á chave ou a ra. Tamén faremos algún bit e ademais cantaremos algún dos nosos clásicos e unha novidade. Aquí tendes a ligazón para que vaiades aprendendo a letra.

 

Esperámosvos este domingo ás 11:30h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet núm.32, barri de Gràcia). Se algún pai ou nai quere traer outros xogos alternativos, coma as chapas, cánicas, unha corda, os bolos ou buxainas… adiante!

View original post

Leave a comment »

LudoteGa do Entroido 2016

ACGB

cartaz ENTROIDO-01

O domingo 7 de de febreiro celebraremos o Entroido na nosa LudoteGa. Esperamos que veñades todos e todas disfrazados ás 11:30h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet núm.32, barri de Gràcia) para facer troula, cantar cancións e coñecer máis cousas desta festa que é tan nosa. O Entroido xa está aquí, ímonos divertir!!!

View original post

Leave a comment »

Xurxo Souto inaugura a primeira LudoteGa do curso!

ACGB

Imprimir

Comezamos coa primeira LudoteGa do curso
Xa estamos de volta con ilusións, proxectos e moitas ganas de pasalo ben….

Así que ide apuntando na axenda, porque faremos un encontro o sábado 17 de outubro, ás 17 horas no Ateneu Roig (Carrer Torrent d’en Vidalet, 32-34, no barrio de Gràcia) no local da sede da Asemblea Cultural Galega de Barcelona. Faremos unha merenda na que cadaquén traia algo para compartir, cantaremos cancións, miraremos contos e recibiremos unha visita moi especial….. vainos vir ver Xurxo Souto coa súa familia!!! Vide a participar, a darlles a benvida… e que Medre o Mar!!!

View original post

Leave a comment »

O 28 de xuño a LudoteGa celebra o peche do curso

ACGB

ludotega_veran

O vindeiro 28 de xuño temos unha cita ás 11:30 h no Parc da Ciutadella; desta vez, haberá cancións e bailes, contos, xogos tradicionais… Tamén colocaremos as fotos dos nenos e nenas da LudoteGa no noso mapa-quebracabezas de Galiza, na bisbarra de cada un, así que non esquezades traer unha impresión dunha foto na que esteades ben guapos. E despois, quedaremos a facer un pícnic na Ciutadella, no que cadaquén trae algo para xantar. Non faltedes, que ímolo pasar en grande! E traede gorra e crema para o sol!!

View original post

Leave a comment »

A primavera na LudoteGa

 

O 19 de abril, domingo, no parque da Ciudadella será a próxima data da LudoteGa. Normalmente estamos no lateral ao carón do “Museu de Geologia” e “l’hivernacle”. A hora será as 11.30. Lembrade que despois das actividades os que queiredes poderes quedarvos a xantar.

As actividades serán:

– Facer un correvelás.

– Repaso de Bits de verbas galegas e ditos da xoaniña.

– Levaremos o quebratestas das bisbarras galegas. Armarémolo entre todas/os, e non é doado de todo, temos abondo. Así que ide facendo memoria da vosa e das lindantes.
Se queredes practicar velaquí un xogo interactivo:
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom1ga.html
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom3gab.html

Sería xenial que cada quen dixera unha palabra da súa zona; un modismo, ou sinxelamente unha palabra que lle leve alá. (A Ramón, por exemplo, que é da Terra de Lemos, transpono a palabra “larafuzas”, omnipresente na súa casa cada mañá despois de almorzar).

Tentaremos fotografar a cada familia con cadansúa bisbarra.
Así encetamos aquilo de ternos a todos fotografados e cos nomes.
Vide guapiñas/os, ou non…

E, coma sempre, remataremos coas cancións da LudoteGa, desta volta propoñemos unha nova “Estróupele-estroupele” (que enviamos adxunta para que practiquedes na casa) e convidamos aos pais e nais que teñades pandeiretas ou outros intrumentos que os traiades para tocar mentras cantamos. Levaremos letras desta canción para que todo o mundo participe!

Leave a comment »

O 8 de febreiro chega o Entroido na LudoteGa

entroido

 

O domingo 8 de febreiro imos celebrar o Entroido na LudoteGa. Esperámosvos ás 11:30 h no Ateneu Roig (carrer Ciudad Real núm. 25). Temos moitas ganiñas de que chegue, porque xa sabedes que o Entroido é unha das festas máis nosas. Desta vez imos pintar uns bonecos de comadres e compadres, aprenderemos algunhas palabras ben bonitas, cantaremos e bailaremos e, se cadra, poderemos probar algún doce típico do Entroido. Iso si, non esquezades vir disfrazados do que queirades e se conseguides disfrazar os vosos pais, aínda mellor!!!

Leave a comment »