O 28 de xuño a LudoteGa celebra o peche do curso

ACGB

ludotega_veran

O vindeiro 28 de xuño temos unha cita ás 11:30 h no Parc da Ciutadella; desta vez, haberá cancións e bailes, contos, xogos tradicionais… Tamén colocaremos as fotos dos nenos e nenas da LudoteGa no noso mapa-quebracabezas de Galiza, na bisbarra de cada un, así que non esquezades traer unha impresión dunha foto na que esteades ben guapos. E despois, quedaremos a facer un pícnic na Ciutadella, no que cadaquén trae algo para xantar. Non faltedes, que ímolo pasar en grande! E traede gorra e crema para o sol!!

View original post

Leave a comment »

A primavera na LudoteGa

 

O 19 de abril, domingo, no parque da Ciudadella será a próxima data da LudoteGa. Normalmente estamos no lateral ao carón do “Museu de Geologia” e “l’hivernacle”. A hora será as 11.30. Lembrade que despois das actividades os que queiredes poderes quedarvos a xantar.

As actividades serán:

– Facer un correvelás.

– Repaso de Bits de verbas galegas e ditos da xoaniña.

– Levaremos o quebratestas das bisbarras galegas. Armarémolo entre todas/os, e non é doado de todo, temos abondo. Así que ide facendo memoria da vosa e das lindantes.
Se queredes practicar velaquí un xogo interactivo:
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom1ga.html
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom3gab.html

Sería xenial que cada quen dixera unha palabra da súa zona; un modismo, ou sinxelamente unha palabra que lle leve alá. (A Ramón, por exemplo, que é da Terra de Lemos, transpono a palabra “larafuzas”, omnipresente na súa casa cada mañá despois de almorzar).

Tentaremos fotografar a cada familia con cadansúa bisbarra.
Así encetamos aquilo de ternos a todos fotografados e cos nomes.
Vide guapiñas/os, ou non…

E, coma sempre, remataremos coas cancións da LudoteGa, desta volta propoñemos unha nova “Estróupele-estroupele” (que enviamos adxunta para que practiquedes na casa) e convidamos aos pais e nais que teñades pandeiretas ou outros intrumentos que os traiades para tocar mentras cantamos. Levaremos letras desta canción para que todo o mundo participe!

Leave a comment »

O 8 de febreiro chega o Entroido na LudoteGa

entroido

 

O domingo 8 de febreiro imos celebrar o Entroido na LudoteGa. Esperámosvos ás 11:30 h no Ateneu Roig (carrer Ciudad Real núm. 25). Temos moitas ganiñas de que chegue, porque xa sabedes que o Entroido é unha das festas máis nosas. Desta vez imos pintar uns bonecos de comadres e compadres, aprenderemos algunhas palabras ben bonitas, cantaremos e bailaremos e, se cadra, poderemos probar algún doce típico do Entroido. Iso si, non esquezades vir disfrazados do que queirades e se conseguides disfrazar os vosos pais, aínda mellor!!!

Leave a comment »

O Nadal e o Apalpador chegan á LudoteGa

apalpador Achégase o Nadal e, un ano máis, o Apalpador xa está preparando a súa equipaxe para vir ver os nenos e nenas á Ludotega. A visita está prevista para o domingo 14 de decembro a partir das 11:30 h no Ateneu Roig (carrer Ciudad Real, 25, no barrio de Gràcia), local onde reside a Asemblea Cultural Galega de Barcelona. O Apalpador vén a Barcelona chegado directamente das montañas do Caurel, e ese día haberá música, panxoliñas, manualidades e moitas sorpresas (non esquezades as pandeiretas e zambombas para tocar!).
Aviso: Para saber se ten que encher moito o saco, o Apalpador precisa saber cantos nenos virán velo. Podedes inscribirvos enviando un correo a ludotega@gmail.com.

Leave a comment »

Primeira LudoteGa do curso: collendo forzas!!

foto_set2014

O outono chegou e xa retomamos a actividade da LudoteGa. Collede axenda e apuntádevos o vindeiro domingo 12 de outubro ás 12 h no Ateneu Roig (Ciutat Real, 25, no barrio de Gràcia), no local da sede da Asemblea Cultural Galega de Barcelona (www.acgb.cat). Botáremos unha ollada a algúns contos e libros en galego, faremos xogos tradicionais, cantaremos algunhas pezas…. Para rematar, e tendo en conta que a LudoteGa é un proxecto autoxestionada, as pais e nais falaremos un pouquiño sobre ideas para mellorar, parar preparar o curso e para incrementar a participación. Estades todos convidados, non faltedes!!!

Leave a comment »

LAMARIOLA: guia de ocio infantil na Galiza!

lamariola

 

 

 

 

Presentámosvos un portal de internet: Lamariola. É unha guia de ocio para as nenas e nenos na Galiza.  Cando esteades na terra,podedes consultar esta páxina:

http://lamariola.es/gl

Según eles: “Queremos debuxar unha mariola de ideas, de plans e de cousas bonitas. Compartimos cada día experiencias e contámosvos toda esta información dun xeito sinxelo.

lamariola é o xogo tradicional no que nos inspiramos. É tamén nosa filosofía. Trazamos o noso proxecto como as liñas dunha mariola e continuamos debuxándoa pouquiño a pouco, anímaste a saltar connosco?

Lamariola é unha guía de ocio infantil na que vos propoñemos plans para gozar do tempo libre e facelo en familia. Contámosvos iniciativas bonitas, proxectos creativos, actividades interesantes e eventos divertidos para gozar, descubrir, compartir, sorrir… Gústannos as cousas sinxelas e queremos compartilas. O noso blog é un pequeno recuncho onde falamos de receitas ricas, de moda, de decoración, da maxia dos libros, da arte das manualidades…. ”

Podes atopar información de:

  • Música
  • Teatro
  • Rutas
  • Campamentos
  • Contacontos
  • Museos
  • Talleres
  • Cine

Leave a comment »

Domingo 29 de xuño: fin de curso da LudoteGa

LUDOTEGA
Este domingo 29 de xuño temos todos unha cita ás 12 h no Parc da Ciutadella; desta vez, haberá cancións e bailes, contos, xogos, falaremos do San Xoán en Galiza… E logo, os que queirades podedes traer xantar para facer pícnic no parque. Estades todos máis que convidados!

Leave a comment »