LUDOTEGA DE NADAL CON MOITAS SORPRESAS….

En decembro alguén moi especial vai visitar a LudoteGa ….

Apalpador

Achégase o Nadal e este ano volve á LudoteGa un amigo que xa nos visitou o ano pasado: O Apalpador!!!  Vai pasar a vernos o domingo 15 de decembro a partir das 11:30 h no Ateneu Roig (carrer Ciudad Real, núm. 25, no barrio de Gràcia), local onde reside a Asemblea Cultural Galega de Barcelona. O Apalpador vén a Barcelona chegado directamente das montañas do Caurel, con moitas sorpresas para os nenos e nenas que veñan velo. E para celebrarmos a súa visita, tamén bailaremos e cantaremos panxoliñas con algúns dos músicos da FÍA (non esquezades as pandeiretas e zambombas para tocar!).

Aviso: Para facer a súa equipaxe, o Apalpador necesita saber cantos nenos virán. Podedes inscribirvos enviando un correo a ludotega@gmail.com.

 Para quen aínda non saiba quen é o Apalpador:

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: