Polo Nadal, volta a LudoteGa!!

Achégase o Nadal e temos ganas de LudoteGa!! Apuntade na axenda a vindeira cita: o domingo 16 de decembro ás 11:30 h no Ateneu Roig (carrer Ciutat Real, núm. 25), local onde reside a Asemblea Cultural Galega de Barcelona.

As panxoliñas que andan a preparar a xente da FIA, por se as queredes escoitar, son:

Ai, unha cousa importante!!! O Apalpador necesita saber máis ou menos cantos pequenos imos ser para saber se ten que traer moita equipaxe ou non!!! Así que avisádenos de que vides enviando un correo electrónico a ludotega@gmail.com.

Contamos con vós!

Toda a info no BLOG da LudoteGa e no perfil de FACEBOOK .

Lembramos que a ludotega está organizada por un grupo de nais e pais voluntarios que queremos organizar actividades en galego para os nosos nenos e nenas e dun xeito autoxestionado.

Por iso animámosvos a que colaboredes!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: